Saltar al contenido

PROYECTO APS

Proyecto APS en la Comunidad de Montes de Teis

Vigo

2021-2022

volver a Todos los proyectos

O obxectivo principal deste proxecto foi chamar a atención dos mais xoves e achegar poboación ao monte para tomar conciencia do seu valor e dos servizos que pode proporcionar. Con tal motivo deseñouse un plan de traballo para realizar un viveiro de replantación autóctono así como saídas ao campo nas que un grupo de alumnos do IES O Castro puideran contribuír de maneira activa neste traballo con actividades específicas como a eliminación de especies exóticas invasoras.


PARTICIPANTES: Comunidad de Montes de Teis; estudiantes de ingeniería forestal y del medio natural de la USC; alumnos de bachillerato y 4 ESO del IES O Castro (Vigo); Amigos da Terra (ONG).

La pérdida de suelo tras grandes incendios es uno de los impactos que expone a los ecosistemas a mayor vulnerabilidad ecológica y económica y es poco conocida por la sociedad. Por otro lado la alarma social que se genera en caso de incendios en áreas habitadas hace necesarias medidas de concienciación a la población, incluidas aquellas que pueden realizar en sus propiedades.

Diseño del vivero

Traballouse no deseño dun prototipo de viveiro na escola, no que os alumnos puideran traballar durante o curso para, unha vez que as plantas acadasen o tamaño suficiente, poder contribuír na repoboación dos montes da Comunidade de Montes de Teis. Así, estudamos a posibilidade de sacar planta de semente en tarros de especies autóctonas e viables para unha repoboación. As especies seleccionadas nesta 1ª etapa foron castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), aciñeiras (Quercus ilex) e sabugueiros (Sambucus nigra). Aproveitando ademais a presencia dunha gran variedade de especies na propia escola, tanto ornamentais como forestais, considerouse a opción de propagar material vexetal autóctono (acodos e esqueixos) para obter planta que poderia ser utilizaría no futuro nas áreas a repovoar. Así mesmo, este material vexetal foi utilizado como agasallo para que os participantes puideran levar a casa um recordatorio da sua participación no programa.

A localización dos viveiros foi estratéxica aproveitando espazos de sombra no propio pátio da escola e accesibles para que os alunos puideran valorar o estado das plántulas. En total, os viveiros produciron aproximadamente entre 100 e 150 plántulas a partir de semente, que, unha vez enraizadas e acadada a altura desexada (30 cm) serían plantados nas zonas de monte escollidas pola comunidade.

Traballos ambientais

Estes traballos consistiron basicamente no arrincado manual de diferentes especies exóticas invasoras pertencentes ao xenero Acacia (fundamentalmente A. melanoxylon), así como plantación de árbores autóctonas dun xeito naturalizado: 30 árbores que foron proporcionados proporciona a comunidade de montes. Os traballos ambientais foron levados a cabo durante diferentes fines de semana, cunha xornada de 3 h/persoa ao mes.

Enlaces adicionales
  • Comunidad de Montes de Teis en redes sociales.
  • Las comunidades de montes gallegas de Froxán, Covelo y Teis han sido reconocidas por la ONU por su eficacia en la conservación de los espacios naturales. El programa de RTVE El escarabajo verde nos lleva a conocerlos un poco más de cerca.
  • Documental de TVG sobre los montes comunales en Galicia, dirigido por Diana Toucedo.