PROYECTO ApS EN LA COMUNIDAD DE MONTES DE TEIS (Vigo)

EL PROYECTO ApS EN 3 LÍNEAS

O proxecto ApS a realizar procura involucrar á cidadanía viguesa na grave problemática que existe na actualidade cos incendios forestais en todo o território galego. O modo de traballo é mediante unha transferencia de valores e coñecementos tanto técnicos como científicos, para tratar de crear equipos multidisciplinares e incentivar a protección e recuperación dos espacios forestais da nossa contorna urbana, concretamente na interfaze urbano-rural.

¿POR QUÉ NOS INTERESA?

Os incendios forestais convertíronse nas últimas décadas nunha das principais amenazas medioambientais que sufre a comunidade galega anualmente. De feito, Galicia e o Norte de Portugal son as áreas mais afectadas por incendios de toda Europa. A educación cidadá e a participación social son dous aspectos claves para mellorar a comprensión, xestión así como para  aliviar os efectos producidos por estes eventos nos ecosistemas galegos.

A sensibilización da sociedade con respecto ao impacto social, económico e ambiental dos incendios forestaies, os efectos nocivos das especies invasoras que proliferan despois dos lumes, ou a falta de recursos disponibles (principalmente económico e de xestión) son algúns aspectos de relevancia relacionados cos incendios forestais.

OBJETIVOS

En liña co obxectivo principal do proxecto PCF (involucrar á cidadanía na problemática dos incendios forestais) o obxectivo principal deste proxecto foi chamar a atención dos mais xoves e achegar poboación ao monte para tomar conciencia do seu valor e dos servizos que pode proporcionar. Con tal motivo deseñouse un plan de traballo para realizar un viveiro de replantación autóctono así como saídas ao campo nas que un grupo de alumnos do IES O Castro puideran contribuír de maneira activa neste traballo con actividades específicas como a eliminación de especies exóticas invasoras.

LUGAR Y FECHA

O plan de actividades do proxecto ApS foi acordado entre a comunidade e o propio centro de estudios, e creouse com vistas a ser un proxecto de futuro, sostible e continuado no tempo, sempre coa finalidade de achegar os alumnos ao campo.

Curso 2020/2021.

Febreiro 2021. Visita ao IES O Castro por parte da USC, comunidade de montes de Teis e Amigos da Terra.

Abril 2021. Visita guiada a zonas restauradas (ou en processo de restauro) do Monte Veciñal em man común da comunidade de montes de Teis.

Maio 2021. Traballos de eliminación de especies exóticas invasoras (A. melanoxylon)

Xullo 2021. Plantación de árbores autóctonos e eliminación de especies exóticas invasoras

Actividades continuas ao longo de todo o curso 2021/2021.

– Deseño e creación dun viveiro de árbores autóctonas con obxectivo de ser usadas para repoboación.

– Difusión educativa e ambiental por parte dos estudantes do IES, da evolución do proxecto e da experiencia: ao final de cada curso

Curso 2021/2022.

Monitorización do crecemento e mantemento do viveiro de árbores autóctonas

LOS ACTORES

En liña coa multidisciplinaridade de todos os proxectos ApS, esta iniciativa contou coa colaboración de diferentes actores. A destacar a incrible labor e implicación de todas as institucións colaboradoras, tanto pola axuda ofrecida como polo traballo activo neste intento de mellora dun espazo natural.

•            Asociación: Comunidade de Montes de Teis. Grupo de voluntari@s da Comunidade de Montes de Teis. (Supervisores)

•            Universidades: Estudantes de enxeñería forestal e do medio natural da Universidade de Santiago de Compostela (USC) así como profesores

•            Centro educativo IES «O Castro» (Vigo). Alumnado do bacharelato internacional do IES «O Castro» que ten como asignatura troncal a materia denominada CAS (Creatividade, Actividade e servizo).  14 estudantes + 10 estudantes de 4º ESO

•            ONG – Amigos da Terra.

DESCRIPCIÓN DE LAS ACTIVIDADES TÉCNICAS Y EDUCATIVAS

As actividades foron deseñadas por un grupo específico de alumnos interesados na parte de deseño da intervención, elaborando unha planificación que incluiu: cronograma, actividades a desenvolver, recursos necesarios e asignación de responsables para cada actividade:

Deseño do viveiro – Traballouse no deseño dun prototipo de viveiro na escola, no que os alumnos puideran traballar durante o curso para, unha vez que as plantas acadasen o tamaño suficiente, poder contribuír na repoboación dos montes da Comunidade de Montes de Teis. Así, estudamos a posibilidade de sacar planta de semente en tarros de especies autóctonas e viables para unha repoboación. As especies seleccionadas nesta 1ª etapa foron castiñeiros (Castanea sativa), carballos (Quercus robur), aciñeiras (Quercus ilex) e sabugueiros (Sambucus nigra). Aproveitando ademais a presencia dunha gran variedade de especies na propia escola, tanto ornamentais como forestais, considerouse a opción de propagar material vexetal autóctono (acodos e esqueixos) para obter planta que poderia ser utilizaría no futuro nas áreas a repovoar. Así mesmo, este material vexetal foi utilizado como agasallo para que os participantes puideran levar a casa um recordatorio da sua participación no programa.

A localización dos viveiros foi estratéxica aproveitando espazos de sombra no propio pátio da escola e accesibles para que os alunos puideran valorar o estado das plántulas. En total, os viveiros produciron aproximadamente entre 100 e 150 plántulas a partir de semente, que, unha vez enraizadas e acadada a altura desexada (30 cm) serían plantados nas zonas de monte escollidas pola comunidade.

Traballos ambientais – Estes traballos consistiron basicamente no arrincado manual de diferentes especies exóticas invasoras pertencentes ao xenero Acacia (fundamentalmente A. melanoxylon), así como plantación de árbores autóctonas dun xeito naturalizado: 30 árbores que foron proporcionados proporciona a comunidade de montes. Os traballos ambientais foron levados a cabo durante diferentes fines de semana, cunha xornada de 3 h/persoa ao mes.

MATERIAL EXTRA (moi recomendable)

A comunidade en redes

A comunidade de montes de Teis pode considerarse, sen lugar a dúbida unas das mais activas a nivel nacional. Boa proba diso é o seu continuo esforzo na protección e recuperación das áreas afectados por diversos factores de degradación ambiental, a súa proposta de poner en valor os espazos naturais, así como o seu compromiso coa formación das novas xeracións en cuestións ambientais. A seguir, podedes atopar links para ver con mais detalle as suas actividades:

https://www.facebook.com/comunidadedemontesdeteis/

A comunidade nos medios

Naciones Unidas ha distinguido las comunidades de montes gallegas de Froxán, Covelo y Teis por su eficacia en la conservación de los espacios naturales. El programa de RTVE el escarabajo verde nos lleva a conocerlos un poco más de cerca:

https://www.rtve.es/play/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-tres-montes-vecinales/5025714/

Documental sobre o monte galego en man común

Unha aproximación a unha figura milenaria (e única) da organización territorial: o monte en man común

Los montes vecinales en man común son un patrimonio silente en Galicia, un patrimonio que durante cientos de años ha configurado las relaciones humanas con la naturaleza. En todas as mans se acerca a varias comunidades buscando historias personales que movilizan y crean proyectos al margen de la norma, con una repercusión social, política, económica, medioambiental y cultural sin comparación en Galicia. Hombres y mujeres dedicados, con total implicación, a la lucha por la autogestión del monte, equilibrando la balanza, siempre débil, de la tradición y la modernidad, pero con un fondo común de valores que los une y los llena de coraje para mantenerse firmes e imperturbables al lado de sus montes.

Diana Toucedo (Directora de En todas as mans)

A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldios. «En todas as mans» é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios que están nas súas mans sexan creadores de riquezas económicas, ambientais e sociais para os seus pobos. «En todas as mans» é unha peza audiovisual que pretende mostrar a actividade destas comunidades e a vida dos seus protagonistas acompañadas de voces expertas da economía, xudicatura, ecoloxismo, historia ou o activismo social. A suma ofrécenos un diverso elenco de usos, reflexións, problemáticas e propostas á volta da xestión comunitaria do monte na Galiza e Portugal. Un documentario que abre as cancelas do monte ao futuro.

CRTVG